Steam prepara un dispositivo para xogar ao PC en streaming
mércores, 4 de marzo do 2015
Dende Valve levan moitos meses traballando en levar a súa
plataforma Steam máis aló de ordenadores tradicionais, e o seu último anuncio a
este respecto está a chamar poderosamente a atención, xa que propoñen que os
xogadores para PC poidan xogar remotamente valéndose do Steam
Link, un pequeno dispositivo que custarÃa só 50 dólares nos EE.UU. (o prezo
para Europa aÃnda non se estableceu) que recibirÃa mediante streaming o contido dos xogos que corran
no noso ordenador ou nunha Steam Machine, para o que ambos equipos deberÃan
estar na mesma rede local.
Este produto que chegará ao mercado en novembro promete ser capaz de entregar
gráficos a 1.080p e 60 Hz con baixa latencia, o que parece máis que
satisfactorio para, por exemplo, poder gozar dos xogos do noso ordenador no
salón da casa (sen ter que trasladar o equipo dunha habitación a outra).
Este pequeno trebello contarÃa con 3 portos USB, Ethernet e HDMI, e poderÃa
complementarse cun Steam Controller (á venda por outros 50 dólares). Unha solución
que poderÃa lembrarnos á PlayStation TV,
pero limitando as súas funcionalidades ao streaming
(mentres que o produto de Sony é capaz de correr xogos de PS Vita e contidos
multimedia en liña de xeito autónomo).
- O Steam Link conta con 3 portos USB, 1 porto Ethernet e HDMI