Strategic Printing lanza teclados e ratos estampados
mércores, 24 de febreiro do 2010
Os afeccionados aos comics é á ciencia ficción que
queiran trasladar os seus gustos ao escritorio informático de xeito extremo
estarán contentos ao coñecer o lanzamento dunha serie de teclados e ratos estampados
con imaxes da serie de televisión Star Trek (2 modelos de cada), de personaxes
da Marvel coma Spider-Man, Iron Man, Thor, o Capitán América e Lobezno e
incluso do carismático gato Garfield.
Os teclados Keyscaper 510 conéctanse ao PC por USB e custan 49,99 dólares
(36,95 euros), mentres que os ratos Keyscaper 110 son sen fÃos e véndense a
34,99 dólares (25,86 euros). Chegarán ao mercado o mes que vén, aÃnda que polo
momento só poden encargarse a través da web.