Street Fighter IV renóvase en iOS estreando unha Champion Edition
mércores, 12 de xullo do 2017
A App Store vén de recibir un xogo que
agradecerán os seareiros dos tÃtulos de loita de Capcom, Street
Fighter IV: Champion Edition, unha conversión do xa clásico de consola
e ordenador que converteuse en todo un referente nos eSports e que xa contaba
cunha versión
básica para dispositivos móbiles, pero que desta volta conta con gráficos
de maior resolución, tres novos personaxes (Poison, Ibuki e Dudley), soporte
para pantallas panorámicas e numerosas correccións e melloras.
Este novo xogo para iOS véndese
a un prezo de 5,49 euros e preséntanos a 25 loitadores (aos que sumaranse
outros 6 como actualizacións de balde), manéxase mediante controis virtuais en
pantalla sendo tamén compatible con mandos MFi (agás nos menús), ofrece a
posibilidade de combater en liña contra xogadores de todo o mundo a través de
Wi-Fi ou banda larga móbil, conta con modo arcade de 1 xogador ou multixogadora,
ten 4 niveis de dificultade e incluso permite desatar movementos espectaculares
co botón SP.
- Dudley, Poison e Ibuki son os 3 primeiros novos loitadores que se incorporan no xogo. En futuras actualizacións integraranse outros 6.
- Os controis en pantalla permiten realizar toda clase de movementos e ataques dentro do xogo
Tráiler de Street Fighter IV Champion Edition