Street Fighter x Tekken chegará ao iPhone no verán

xoves, 14 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Adiantándose á versión para PS Vita que chegará a finais de ano, Capcom anuncia que o xogo Street Fighter x Tekken Mobile chegará a iOS no verán, de xeito que os usuarios de iPhone, iPod Touch e iPad poderán gozar dos combates de Ryu, Chun-Li, Nina e Kazuya coa mesma acción que a versión de consola e cos controis táctiles que xa vimos noutros xogos móbiles de loita como Street Fighter IV.
Polo momento só está confirmada a presenza dos 4 loitadores mencionados no xogo, e tamén é preciso destacar que para gozar deste título hai que ter, como mínimo, un iPhone 4, un iPad 2 ou un iPod Touch de cuarta xeración.

Loitadores de Street Fighter (Capcom) e Tekken (Namco) enfrontaranse neste novo xogo móbil

PUBLICIDADE