Super Mario Bros. Brawl terá problemas de abastecemento, pero incluirá agradables sorpresas

luns, 28 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Tras moitos meses de espera, esta semana chegará ás tendas niponas o videoxogo Super Smash Bros. Brawl, o que entusiasmará ós usuarios da Nintendo Wii, pero que parece que repetirá os mesmos problemas de abastecemento que ten a propia Wii, pois o primeiro envío do xogo será de entre 300.000 e 400.000 copias. Minoristas coma Lepton denuncian que de máis de 800 xogos reservados só recibirán 154 exemplares, o que molestará a moitos compradores que non recibirán a tempo un título tan agardado.
Pero non todo son malas novas, senón que tamén se confirmou que o xogo incluirá un modo Clasicos que meidante a Consola Virtual permitirá xogar a versións de proba de vellos videoxogos coma Super Mario Bros, Ice Climber, The Legend of Zelda, Kid Icarus, Kirby’s Adventure, Super Metrois e Lylat Wars (xunto con outros títulos ocultos) o que permite rememorar auténticos clásicos de Nintedo.
No tocante ó apartado musical, dende a web oficial do xogo tamén descubrimos que no escenario do Reino Champiñónico non só poderemos percorrer un deseño propio do Super Mario Bros. senón que tamén se contará cunha nova versión da banda sonora do xogo orixinal revisada polo seu propio compositor, Koji Kondo. Esta modernización de escenario e música de seguro que agradará a moitos nostálxicos.

O Super Mario Bros. orixinal
Rememoración do xogo orixinal

PUBLICIDADE