Super Mario Kart chega o venres á Consola Virtual da Wii

luns, 29 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro venres 2 de abril a Consola Virtual da Wii vai recibir un novo xogo que vai ter por prezo 800 Wii Points (8 euros) e que moitos recibirán cos brazos abertos por ser un dos grandes clásicos da SuperNintendo, o Super Mario Kart.
Este título de 1992 conta con 20 circuítos, gráficos en Modo 7, recolección de moedas e modo multixogador a pantalla partida, que conserva boa parte do seu encanto pese a que xa goza de versións modernas para Wii e Nintendo DS. Os norteamericanos e xaponeses pode adquirir este xogo para a Consola Virtual dende o ano pasado, pero aquí chega nun momento bastante atinado, pois aínda faltan bastantes semanas para o lanzamento do Super Mario Galaxy 2, mentres que o último xogo de Sonic puido lembrar a moitos os títulos de carreiras de coches protagonizados por personaxes de videoxogos, dos que Super Mario Kart é sen dúbida un referente.

O xogo inclúe a posibilidade de xogar en pantalla partida


Anuncio do Super Mario Kart na Consola Virtual

PUBLICIDADE