Super Smash Bros. Brawl chegará a Europa en xuño
mércores, 20 de febreiro do 2008
O xogo Super Smash Bros. Brawl,
que tanto éxito está a ter no Xapón, farase agardar bastante en Europa, e non sairá ata o vindeiro 6 de
xuño, cando se agarda que, cando menos, se comece a vender en Francia.
A nova entrega de Mario é xa o primeiro xogo en superar o millón de copias no
Xapón e está a converterse nun dos videoxogos máis agardados dos últimos anos,
prometendo converterse no tÃtulo máis popular para Nintendo Wii en 2008.