Super Smash Bros Brawl supera en vendas a MGS 4 en España

luns, 7 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O xogo Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots para PS3 promete ser o xogo do ano, pero iso non quere dicir que vaia ser o que vende máis copias, e ao pouco da súa estrea xa se ve superado por polo xogo máis agardado para Nintendo Wii, o Super Smash Bros Brawl.
Así, a listaxe de vendas en España en finais de xuño sitúa ao Super Smash Bros Brawl para Wii coma o xogo máis vendido, seguido por Metal Gear Solid 4 para PS3, Wii Play, Cocina Conmigo para Nintendo DS, Grand Theft Auto IV para PS3, Top Spin 3 para PS3, Final Fantasy VII: Crisis Core para PSP, Dragon Ball Z: Burst Limit para PS3, Brain Training para DS e Los Sims 2 Deluxe para PC, deixando claro que Nintendo segue a dominar as vendas de xogos, pero a PS3 comeza e ter moito que dicir grazas a grandes títulos coma Metal Gear Solid 4 e GTA IV.

Snake tamén aparece coma personaxe do Super Smash Bros Brawl

Que Super Smash Bros Brawl supere en vendas a Metal Gear Solid 4 podería responder simplemente ao feito de que a base de consolas Nintendo Wii é moi superior á da PS3, e como curiosidade poderiamos comentar o feito de que o protagonista da saga de Hideo Kojima, Solid Snake, tamén aparece no xogo de Nintendo, polo que estaría a derrotarse a si mesmo nas listaxes de vendas.

PUBLICIDADE