Synaptics presenta un lectores USB compactos de pegadas dixitais

martes, 7 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos tempos está a pórse de moda o uso da identificación biométrica en smartphones e outros trebellos, e para levar a experiencia ao PC sen ter que adquirir un equipo novo dende Synaptics propoñen unha serie de módulos USB ultra-compactos que permiten engadir de xeito cómodo un lector de pegadas dixitais a ordenadores portátiles, xa que pode colocarse de forma case permanente ao sobresaír moi pouco do porto USB no que se conecte.
Os lectores de pegadas dixitais Natural ID de Synaptics identifican a un usuario con só pousar un dedo sobre o lector, facilitando así o acceso ao equipo informático empregando Windows Hello e Microsoft Passport, e confíanse en que no futuro este tipo de sistemas de identificación se empreguen para usos que irían máis aló de protexer o ordenador de accesos non autorizados, senón que tamén tería grande utilidade para pagamentos en liña ou incluso para xestionar os nosos contrasinais de xeito centralizado.
Estes accesorios biométricos estarán dispoñibles a finais de ano para a súa compra tanto en combinación con outros produtos como de xeito independente.

PUBLICIDADE