T-Mobile presenta un móbil de Samsung con Android, teclado QWERTY e 4G

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os móbiles de Samsung con Android están a desembarcar nos EE.UU. con novidades con respecto dos terminais que chegan a Europa e así modifican o Samsung Galaxy S incorporándolle un teclado deslizante QWERTY e conectividade 4G, tomando por nome Samsung Epic 4G.
Este novo terminal fai uso da conectividade WiMAX da operadora Sprint, conta co sistema operativo Android 2.1 con interface TouchWiz 3.0, funciona cun procesador a 1 GHz, ten 512 Mb de RAM e 1 Gb de ROM, 16 Gb de memoria nunha tarxeta microSD, pantalla Super AMOLED de 4 polgadas, cámara principal de 5 Mpíxeles e secundaria VGA para videochamadas, Wi-Fi N (coa posibilidade de funcionar coma punto de acceso para ata 5 dispositivos), batería de 1.500 mAh, unhas dimensións de 124,8 x 64,6 x 14,2 milímetros e 155 gramos de peso.}
A maiores, a operadora T-Mobile tamén porá á venda o 21 de xullo o móbil Samsung Vibrant, unha variante do Samsung Galaxy S que destacará por incluír unha tarxeta microSD con The Sims 3 e Avatar precargados.

PUBLICIDADE