TEKKEN Hybrid será exclusivo de PS3

martes, 26 de xullo do 2011 Marcus Fernández

O produto central de TEKKEN Hybrid é a película de animación 3D TEKKEN: Blood Vengeance

Ross Alexander, product manager europeo da división de videoxogos de Sony, confirmou que TEKKEN Hybrid será un produto exclusivo para PlayStation 3, que chegará ás tendas no Nadal e que incluirá nun único disco Blu-ray a agardada película TEKKEN: Blood Vengeance (película de animación por ordenador que narra unha aventura situada cronoloxicamente tras os acontecementos de TEKKEN 5, e que mesmo poderá verse nalgunhas salas de cine 3D) e o remake en alta definición do xogo de PlayStation 2 TEKKEN Tag Tournament, que marcara época, e que agora gozará de gráficos mellorados e trofeos de PlayStation Network.
Pero resulta que non van deixar a cousa aí, e tamén incluirá no mesmo disco o prólogo de TEKKEN Tag Tournament 2, xogo que chegará á PlayStation 3 en 2012, e que será compatible co formato 3D, contando neste adianto con 4 personaxes que saen na película TEKKEN: Blood Vengeance.
Lembremos que este produto funcionará como unha película ordinaria cando introducimos o disco nun reprodutor de Blu-ray, mentres que de facer o propio nunha consola PS3 termos a opción de xogar ou gozar dos seus contidos audiovisuais. Unha interesante proposta que recibirán de moi bo grado os seareiros da saga, que quedarán algo decepcionados no caso de non contar coa consola doméstica de Sony, pois neste caso non estamos ante un produto multi-plataforma (coma foi o xogo TEKKEN 6).


Trailer do TEKKEN Hybrid

TEKKEN Tag Tournament</Em> actualiza os seus gráficos á alta definición dentro de TEKKEN Hybrid
TEKKEN Hybrid incluirá un adianto de TEKKEN Tag Tournament 2

PUBLICIDADE