TP-LINK anuncia un router portátil

xoves, 17 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Moitos son os dispositivos electrónicos que contan con conectividade Wi-Fi, o que non sempre está dispoñible, e para poder cubrir esta carencia TP-LINK anuncia que o 14 de decembro vai comercializar o router portátil TL-MR3020, que conta cun porto USB no que poder conectar un modem USB 3G para compartilo a través dunha rede Wi-Fi N de ata 150 Mbps. Para mellorar a súa portabilidade, este dispositivo compacto pode alimentarse tanto a través dun adaptador de corrente como dunha conexión USB. Amplía a súa versatilidade grazas a un porto Ethernet, que pode servir para conectar un PC (se utilizamos como saída de Internet unha conexión 3G) ou unha conexión á Rede (como unha toma de rede doméstica ou un cablemodem) para compartila por Wi-Fi. O prezo deste router será de 39,99 dólares (29,71 euros).

PUBLICIDADE