Tablet compatible con Windows 7, MeeGo e Android

luns, 17 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O Evolve III Maestro é un dispositivo que presume de non ser un xoguete, pois este interesante tablet é capaz de correr Windows 7 sen limitacións nun tamaño reducido (275 x 170 x 14 milímetros) e cun peso só un chisco maior aos seus competidores máis directos (835 gramos) que funciona cun procesador Intel N475 a 1,83 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb almacenamento SSD (ampliable a 64 Gb), pantalla táctil de 10 polgadas, cámara de 1,3 Mpíxeles, 2 portos USB, 1 porto mini VGA, lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, 3G, Bluetooth, micrófono, altofalantes e a sorpresa de soportar varios sistemas operativos en arranque dual, de xeito que no seu inicio poderiamos elixir se traballar con Windows 7 ou con MeeGo/Android, converténdose no primeiro tablet en facer tal, aínda que haberá que agardar á primavera para velo nas tendas.


Así sería a interface do Evolve III Maestro correndo con MeeGo

PUBLICIDADE