Targus presenta un rato láser que se comunica por Wi-Fi

luns, 19 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O fabricante de accesorios informáticos Targus anunciou que este mesmo mes vai introducir no mercado grazas á colaboración con Ozmo Devices un rato láser que, en vez de comunicarse por Bluetooth cos equipos informáticos, fai o propio por Wi-Fi, o que resulta especialmente práctico en ordenadores portátiles (de xeito que non precisaría de ocupar un porto USB cun receptor sen fíos no caso de non contar con Bluetooth).
O Targus Wi-Fi Laser Mouse (AMW58US) venderase por 49,99 dólares nos EE.UU. ( 36,59 euros) e, aparte de librarse dos incómodos cables, tamén goza de alta precisión grazas ao seu sensor láser (que funciona sobre numerosas superficies) e incluso goza dunha roda de desprazamento de catro direccións (ou sexa, que serve para desprazarse tanto vertical como horizontalmente polos nosos documentos e páxinas web).

PUBLICIDADE