Tarxeta DVI externa de Iogear

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran conectar un segundo monitor ao seu equipo informático pode ter problemas ao non contar cun porto de saída axeitado, e para cubrir tal demanda Iogear vende unha tarxeta de vídeo DVI externa que se comunica co ordenador a través dun porto USB 2.0, de moi doada instalación (chega con cargar os controladores correspondentes e conectar a tarxeta a un porto libre).
Este adaptador USB-DVI permite resolucións de ata 1.600 x 1.200 píxeles cunha profundidade de cor de 32 bits, e no mesmo equipo se poden conectar ata 6 dispositivos deste tipo (de ter portos USB 2.0 suficientes) baixo os sistemas operativos Windows XP ou Windows Vista.
A Iogear USB 2.0 External DVI Video Card ten un prezo de 149,99 dólares (93,97 euros) nos EE.UU., descoñecéndose o prezo final que terá en España.

PUBLICIDADE