Teclado e rato feitos de bambú
luns, 20 de decembro do 2010
Os usuarios que
busquen un equipo informático que respecte o medio ambiente ou que teña unha
aparencia natural, poden optar por
adquirir por uns 25,45 euros un kit que
inclúe un teclado e un rato con acabados feitos en madeira de bambú, o que
os converte nuns produtos únicos.
Aparte da estética e o respecto do medio ambiente, o teclado de bambú pode absorber
a suor das mans (creando unha sensación de limpeza e comodidade) e tamén conta
con teclas de atallo para acceder á Internet, ao correo electrónico, á
calculadora ou para silenciar o equipo.
Tanto o teclado coma o rato conéctanse ao PC por USB e non precisa de
controladores especÃficos para o seu funcionamento.