Teclado numérico externo que pode facer de touchpad multi-táctil

venres, 9 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Elecom presentou no Xapón o seu novo teclado externo TK-TCT005BK, que está composto por unha superficie táctil de xeito que pode funcionar coma teclado numérico e coma touchpad con soporte de xestos (incluso con varios dedos), conmutándose entre os dous modos premendo o botón de Num na parte superior esquerda deste dispositivo USB que funciona baixo Windows, de xeito que achega ao PC algunhas das funcións propias dos touchpads dos portátiles de Apple.
Este dispositivo de 87 x 82 x 14 milímetros está á venda no Xapón por 6.500 iens (49,20 euros).

PUBLICIDADE