Teclast comercializa un ordenador todo-en-un bastante económico

luns, 22 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Aínda que a marca Teclast estea asociada habitualmente a tabletas con Android e/ou Windows, o fabricante chinés atreveuse a entrar no sector da informática de consumo dun ordenador todo-en-un moi interesante, o Teclast X22 Air, que vén a ser un equipo informático completo integrado nun monitor Full HD de 21,5 polgadas, que resulta moi cómodo se queremos un equipo compacto e silencioso no escritorio, sen pedirlle unha elevada potencia, ou sexa, para empregalo principalmente para navegar pola web e labores de ofimática básica.
Este interesante ordenador funciona cun procesador Intel Celeron N3150 de catro núcleos a 1,6 GHz (de aí que estea bastante limitado en prestacións), con 4 GB de RAM (ampliable até 16 GB), 128 GB de SSD, gráfica Intel HD, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, 2 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, saída HDMI, toma para auriculares e micrófono e altofalantes estéreo e, para poder manter o seu prezo axustado ao máximo (en tendas como Gearbest pode mercarse por uns 270 euros) non inclúe sistema operativo (sendo totalmente compatible con Windows 10).

O equipo véndese sen sistema operativo, pero é completamente compatible con Windows 10

PUBLICIDADE