Telefónica despregará un novo dispositivo para adaptar os fogares aos seus novos servizos de banda larga
xoves, 11 de xuño do 2015
Para simplificar as instalacións domésticas, Telefónica
pretende colocar nos fogares dos seus clientes a partires do verán a Home
Gateway Unit, unha nova solución que substituirá a varios dispositivos
actuais (o router, o ONT e o videobridge) para acceder aos servizos de
telefónica. O produto desenvolveuse dende o Centro Global de Desenvolvemento de
Dispositivos de Telefónica, que pretende deseñar, desenvolver e certificar unha
carteira global de dispositivos fixos e móbiles homoxénea para todas as
operacións do Grupo Telefónica.
A Home Gateway Unit de Telefónica, que primeiro despregarase en España, para
chegar antes do remate do ano a paÃses como Brasil ou Chile, integra varias
antenas internas (4 para Wi-Fi a 5 GHz e 2 para Wi-Fi de 2,4 GHz), un porto FXS
para poder integrar VoIP, 4 portos Gigabit Ethernet e chip Broadcom para GPON
que permitirÃa até velocidades simétricas a 1 Gbps. Temos asà un dispositivo
que permite ao cliente gozar da actual oferta de fibra de Movistar a 300 Mbps,
asà como as futuras velocidades que están por chegar.