Telefónica e Pontevedra xuntan forzas a prol da empregabilidade dixital
mércores, 21 de xullo do 2021
- Detalla da fachada do Consistorio antigo de Pontevedra
A
Fundación
Telefónica e o Concello de Pontevedra asinaron
un acordo para fomentar a especialización nos perfís máis
demandados do mercado laboral actual.
Deseñador web ou especialista en mercadotecnia
(marketing)
dixital
son algunhas das profesións máis demandadas en Pontevedra, segundo
os datos das principais bolsas de emprego.
Así,
ambas institucións avanzan un paso máis para afrontar os novos
desafíos da sociedade e orientarse cara o sector dixital. Desta
forma, o alcalde da localidade, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalou
que “o acordo que presentan é o primeiro paso dunha colaboración
longa e frutífera”. Do mesmo xeito, Joan Cruz, de Fundación
Telefónica, afirma que “levan moitos anos traballando pola mellora
da empregabilidade a través de competencias dixitais, que son
ferramentas clave para contribuír a reactivar a economía e xerar
emprego”.
Por
medio do programa de formación dixital e gratuíto, Conecta Emprego,
calquera persoa interesada en deseño e programación poderá
mellorar as súas competencias tecnolóxicas en programación, deseño
de videoxogos, desenvolvemento de páxinas web en Wordpress e
creación de contidos dixitais. A duración do curso será de entre
20 e 40 horas. Ademais, estes contan con actividades prácticas.
Cómpre
mencionar que o programa xa beneficiou durante 2020 a 204.880 persoas
de 9 países, alcanzando case os 3 millóns de horas de formación
impartidas. En España, os beneficiarios foron 51.478, cifra que se
prevé aumentar este ano.
Polo
momento, as inscricións xa están abertas e dispoñibles ata o 30 de
setembro de 2021. Non obstante, Conecta ten dúas ferramentas
dixitais de asesoramento profesional gratuítas, o Mapa do Emprego e
o Orientador Profesional Virtual para traballar de maneira
personalizada.