Telefónica modernizará as redes de comunicación de Nueva Pescanova

martes, 27 de xullo do 2021 Sandra Rivadulla

Telefónica modernizará as redes de comunicación de Nueva Pescanova, unha das grandes empresas pesqueiras de Vigo e do territorio galego e estatal. En concreto, a operadora de telecomunicacións levará a cabo unha virtualización integral de todas as redes da compañía de alimentación.
Así, estas redes poderán xestionarse en remoto, aumentar a súa eficiencia e dispoñer de múltiples funcionalidades automatizadas. O obxectivo consiste en realizar este traballo en 16 sedes que Pescanova ten en España.
Cómpre mencionar que Nueva Pescanova, conta con máis de 900 millóns de euros de facturación, 10.000 empregados traballando en catro continentes e máis de 60 buques faenando no hemisferio sur. Polo tanto, a adxudicación a Telefónica das súas redes de comunicación prodúcese despois de gañar o concurso aberto pola multinacional pesqueira.

PUBLICIDADE