Movistar pon á venda un tablet para toda a familia
martes, 27 de maio do 2014
Pensando
nun público familiar, Telefónica comeza a comercializar o tablet Weshare,
un dispositivo con pantalla IPS de 7,8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768
pÃxeles, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb), cámaras de 5
e 2 MpÃxeles e conectividade 3G que busca adaptarse a un público moi diverso.
Por unha banda, grazas a Infantium achegará aos cativos unha plataforma de
aprendizaxe adaptativo que usa contido en liña para analizar as capacidades e o
xeito de aprender do neno, o que tradúcese na distribución do tablet con 16
aplicacións pre-instaladas que permiten personalizar o contido en función da
evolución de cada cativo.
O trebello tamén conta cun sistema de filtrado de contido web e de aplicacións
de risco, para que os proxenitores poidan controlar a actividade dos seus
pequenos en todo momento, podendo establecer roles de usuario para controlar a
actividade, establecer horarios de uso e propor páxinas web axeitadas.
Grazas á conectividade 3G tamén temos un tablet axeitado par os maiores, que
poderán aproveitar o dispositivo para acceder á Rede en mobilidade.
O tablet familiar Weshare funciona con Androd 4.2.2, ten Bluetooth 4.0, a súa
baterÃa é de 4.500 mAh (o que permitirÃalle reproducir vÃdeo ata 5,8 horas
seguidas), ten un grosor de 7,4 milÃmetros e un peso de 360 gramos, inclúe
funda e véndese
a un prezo de 249,90 euros.
- O tablet familiar Weshare pode adquirirse por 249,90 euros
VÃdeo de presentación do novo tablet de Movistar