Televisor Disney de 20 polgadas

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os televisores CRT de 14 polgadas adornado coas orellas de Mickey Mouse son cousa do pasado e agora os cativos poden contar cun novo televisor de Disney fabricado por Uniden e que conta cunha pantalla LCD de 20 polgadas preparado para alta definición (ten 2 portos HDMI) presentando unha resolución de 1.366 x 768 píxeles. Integra 2 altofalantes de 3 W con son TruSurround TX e TruBass.
O televisor inclúe un soporte para o mando a distancia con forma de zapatos do rato Mickey e xa se vende no Xapón por 99.800 iens (599,10 euros) en varias cores.

PUBLICIDADE