Televisor de 22 polgadas cunha PS2 integrada

venres, 3 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Sony vén de sorprender no Reino Unido ao comercializar por 199,95 libras esterlinas (235,24 euros) o televisor BRAVIA KDL-22PX300, que sorprende por integrar na súa base unha consola PlayStation 2, de xeito que sirve tanto para xogar a centos de xogos para tal plataforma como para reproducir películas en DVD.
O televisor ten unha pantalla de 22 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, conectores VGA, HDMI (4), euroconector, saídas de audio analóxico e dixital, soporte de BRAVIA Internet Video, portos USB para a reprodución de fotografías, música e vídeo, unhas medidas de 57,5 x 42,9 x 25,3 centímetros (incluíndo a PS2) e un peso de 9,8 quilos, conformando o que podería ser un dos televisores máis completos deste tamaño, aínda que coa defecto de non ser Full HD.

PUBLICIDADE