Televisor de alta definición con ordenador integrado

martes, 11 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que haxa compañías coma Asustek que prometen combinar ordenador e televisor nun único dispositivo a un prezo moderado, outros fabricantes non queren limitarse e presentan dispositivos integradores de alta gama, coma o Visionman Allio Media Center HDTV-PC, que é un televisor que se vende en tamaños de entre 32 e 42 polgadas que integra no seu interior un ordenador cun procesador Intel (dende un Dual Core ata un Core 2 Duo), con ata 4 Gb de RAM, ata 1 Tb de disco duro, Wi-Fi, Gigabit Ethernet, Vista, teclado e rato sen fíos e mesmo un reprodutor de discos Blu-ray, converténdose nunha solución moi atractiva para o lecer electrónico, aínda que co atranco que podería ser o seu prezo, pois va dos 1.599,99 aos 2.799,99 dólares segundo as súas prestacións.
Curiosamente non é o tamaño de pantalla o que máis afecta ao prezo deste tipo de televisores, xa que se vende por 1.999,99 dólares o de 42 polgadas, mentres que o de 32 polgadas pode superar os 2.199,99 dólares, polo que entendemos que os as características do ordenador integrado as que definen a meirande parte do prezo deste interesante híbrido.

PUBLICIDADE