«Temos que concienciar á xuventude de que a informática é unha profesión necesaria e atractiva» – Carlos Vila (CPETIG)
venres, 22 de febreiro do 2019
Para o número 187 da nosa edición impresa tivemos a oportunidade de falar con Carlos Vila, enxeñeiro técnico informático con posgrao en Xestión e AuditorÃa da Seguridade, amais de membro do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG (Colexio Profesional de EnxeñerÃa Técnica da Informática de Galicia). En 2015 funda unha consultorÃa tecnolóxica na que actualmente realiza función de consultor en Protección de Datos e Seguridade da Información.
-O
CPETIG leva máis dunha década traballando pola profesión que representa, por
facer comunidade. Pero, en que consiste o traballo do colexio?
-O colexio ten diferentes vÃas de actuación, entre
as que se atopa representar a profesión de EnxeñarÃa Técnica Informática tanto
a nivel autónomo como estatal e defender os dereitos de todos os seus
colexiados e colexiadas, asà como os das persoas que representan a profesión.
-Dun
tempo a esta parte o Colexio semella estar máis envorcado a fomentar as
vocacións TIC, en espertar o talento da xente nova. Por que cre que é
importante mostrar a relevancia das profesión tecnolóxico-dixitais?
-É importante porque hai un baleiro importante de
profesionais no ámbito tecnolóxico en xeral e na informática en particular.
Cómpre concienciar ás rapazas e rapaces, dende idades moi temperás, de que se
trata dunha profesión necesaria e atractiva e que ten grandes saÃdas
profesionais, e que poden chegar moi lonxe profesionalmente con ela.
-Galicia
demanda máis especialistas e non somos quen de motivar aos nosos mozos e mozas.
Por que?
-Non só Galicia demanda profesionais no ámbito
tecnolóxico, hai unha carencia a nivel nacional e internacional. É certo que en
Galicia e desde os colexios profesionais estamos a apostar moi forte por
concienciar á xente para que se incorpore a estes estudos e a esta profesión.
Tal e como se presenta o panorama actual, a tecnoloxÃa invade todos os aspectos
da nosa vida e é por iso que precisamos máis profesionais formados, titulados e
colexiados que, por exemplo, defendan os nosos dereitos na Rede ou en calquera
ámbito do mundo tecnolóxico.
-Por
outra banda está a problemática do xénero. A maiorÃa dos que elixen carreiras
tecnolóxicas son homes. O Colexio é consciente disto por iso leva a cabo
actividades dirixidas a esta cuestión. Teñen previstas este ano propostas para
incrementar a presenza feminina?
-Nós facemos un labor de continuidade neste
aspecto, de promoción e información que as mulleres se incorporen e se animen
tanto a realizar estudos de informática como ás profesionais. Galicia é
pioneira en ter profesionais mulleres que desenvolven postos de alta
responsabilidade. Coido que temos que seguir nesa liña porque son moi
importantes e temos que apostar por iso.
-Cambiando
de tema, o pasado mes de setembro organizaron o Congreso #SilverBullet. Como
viviron esta xuntanza e que resultados se obtiveron?
-As sensacións foron boas e tivemos bos resultados
nesta segunda edición do congreso. Por primeira vez contamos con relatores
internacionais e penso que tivo moi boa acollida. Cremos que se trata dun
evento útil e moi relevante, xa que cuestións como a xestión de proxectos, a xestión
de persoas e as metodoloxÃas áxiles están moi de actualidade.
-Outro dos eventos foi o Iuristic.gal. Cóntenos en
que consistiu.
-É unha xornada sobre informática xudicial na que
pretendemos xuntar a profesionais de dous mundos que hai dúas décadas estaban
afastados, que son o mundo do dereito e o mundo tecnolóxico. Traemos
profesionais de ambos os ámbitos moi relevantes e tratamos temas moi de
actualidade, como os ciberdelitos, a tecnoloxÃa blockchain, a seguridade
da Rede ou protección de datos. Temas que nos que cremos que debemos informar e
formar á xente.
-A súa
especialidade é a peritaxe informática. En que consiste?
-A protección de datos e a seguridade da
información é unha cuestión na que temos a gran oportunidade de empezar a facer
as cousas ben. Hai un novo regulamento que entrou en vigor no ano 2016 pero de
aplicación en maio de 2018 e, ademais, unha nova lei orgánica de protección de
datos persoais e garantÃa de dereitos dixitais que se incorporou no mes de
decembro. É unha boa oportunidade para que os profesionais, empresas e
administracións empecen a tomar conciencia da importancia de protexer a
información.