The Ballad of Gay Tony será o novo capÃtulo descargable de Grand Theft Auto IV
mércores, 27 de maio do 2009
Tras o éxito de The Lost and Damned, coma capÃtulo
descargable para o Grand Theft Auto IV,
a xente de Rockstar Games está a preparar unha nova
expansión titulada The Ballad of Gay Tony
que poderá mercarse a partir do vindeiro outono no Bazar de Xbox LIVE por 1.600
puntos (19,2 euros).
Este novo capÃtulo volve a ter lugar nas rúas de Liberty City, e permitiranos
meternos no papel de Luis López, man dereita e gardacostas do empresario da noite Tony Prince, tamén
coñecido coma Gay Tony. Como vén a ser habitual neste tipo de xogos, haberá que
enfrontarse a outras familias e
clans.
Pero os usuarios que gusten do GTA IV
e non conten cunha Xbox 360 conectada á Rede, terán agora un novo xeito de
gozar destes novos capÃtulos, pois no outono tamén sairá en formato fÃsico o
xogo Grand Theft Auto: Episodes From
Liberty City, que non é máis que os dous episodios descargables do xogo
para Xbox 360 que estarán á venda por 39,99 euros e que funcionarán incluso se
carecemos do Grand Theft Auto IV.