The Crew iniciará unha beta para PS4 e Xbox One a semana que vén
mércores, 29 de outubro do 2014
Hai varias semanas Ubisoft anunciou que The
Crew adiaba o seu lanzamento ao
mes de decembro para atender ao feedback
recibido durante a súa fase de proba, e agora confirman que os usuarios de Xbox
One e PlayStation 4 poderán inscribirse
nunha beta pechada do xogo que desenvolverase
entre os dÃas 6 e 10 de novembro, o que permitirá asà botar un ollo ao
tÃtulo que chegará ás tendas o 2 de decembro.
Ubisoft confirma que a beta permitirá explorar todo o territorio dos EE.UU. sen
pantalla de carga e cunha completa serie de emocionantes retos (todas as
misións e retos de habilidade do Medio Oeste e todos os retos de habilidade da
Costa Este); acceso a dúas salas de espera PvP (unha para o Medio Oeste e outra
para a Costa Este) nas que poder participar en varias carreiras para baterse
contra outros xogadores; novos vehÃculos para distintos tipos de terreos (en
Detroit poderá conseguirse a configuración urbana e en New York estarÃa
dispoñible a configuración para terra, mentres que o xogo final contará con
outras 3 configuracións); e incluso poderase competir contra os nosos amigos
durante toda a beta. Temos asà un excelente xeito de probar o xogo antes do seu
lanzamento, o que demostra a confianza de Ubisoft con este tÃtulo que terá que
competir con grandes xogos do mesmo xénero como con Forza Horizon 2 e DRIVECLUB.