The Division 2 sae á venda
venres, 15 de marzo do 2019
Hoxe é o dÃa no que sae á venda o esperado Tom Clancy’s The
Division 2, xogo de Ubisoft que xa podemos adquirir
nas súas versións de PC, PlayStation
4 e Xbox
One, para colocarnos na dirección dun equipo de axentes de elite que tras
unha pandemia teñen que restablecer a orde e impedir o colapso de Washington
DC.
Estamos ante un shooter con toque de
rol, no que a exploración e a progresión do personaxe xogan un rol esencial, e
que anima aos xogadores a xuntar forzas con amigos no modo cooperativo en liña
ou enfrontarse a rivais no modo competitivo.
AÃnda estamos ante un xogo que ten o seu forte no xogo en liña, conta cunha
campaña sólida e apaixonante. Amais, o xogo deseñouse pensando no que
acontecerá cando se remate o xogo, xa que rematada a campaña os xogadores
contarán con actividades novas, diferentes e variadas, de xeito que nos vindeiros
meses The Division 2 recibirá novo
contido de xeito regular, con todo un ano de misións adicionais de balde,
expansións de mapas e novos modos de xogo.
Cómpre salientar que a edición para PC deste xogo, en vez de distribuÃrse a
través de Steam, desta volta apostou pola tenda dixital de Epic Games.
- The Division 2 é un shooter cunha clara identidade, que busca corrixir todos os puntos febles da súa primeira entrega, e que promete moitos contidos para reter aos xogadores durante meses
VÃdeo de introdución a The Division 2