The Elder Scrolls Online para consolas prescindirá de subscricións de pagamento
mércores, 21 de xaneiro do 2015
O
vindeiro 9 de xuño chegará a PlayStation 4 e Xbox One o xogo The Elder Scrolls Online: Tamriel Unlimited,
que non só suporá o desembarco de The Elder
Scrolls Online nas consolas da actual xeración incluíndo todas as
actualizacións que foi recibindo o xogo durante o último ano na súa versión
para PC, senón que tamén suporá un grande cambio neste título, xa que eliminará
a necesidade de pagar unha subscrición mensual para poder gozar do xogo.
Para poder gozar axeitadamente do xogo en consola tamén se adaptou
convenientemente a súa interface de usuario, conseguindo unha experiencia “máis auténtica” que a de anteriores
xogos da franquía na súa versión de consola.
O xogo tamén estreará novos sistemas Champion
(un sistema de progresión totalmente novo para os personaxe de nivel máximo) e Justice (que permite roubar, asasinar e
responder ante a Xustiza no caso de ser atrapado) e contará coa posibilidade de
subscribir un servizo de afiliación premium para recibir de balde os paquetes
de contidos descargables que vaian saíndo para o xogo, bonificacións de
experiencia, ouro e artesanía e unha asignación mensual de Coroas para mercar obxectos
na Crown Store.
Trailer cinemático do xogo