The Guardian conxela a súa conta de X
mércores, 13 de novembro do 2024
O diario londiniense The Guardian vén de anunciar a súa decisión de deixar de publicar actualizacións na súa conta de X, argumentando que que actualmente os beneficios de estar presentes na plataforma social son menores que as súas desvantaxes, resultando máis produtivo investir os seus recursos promovendo o seu xornalismo en calquera outro lugar.
AÃnda que esta situación leva moitos meses agravándose, a campaña electoral dos EE.UU. foi o detonante desta decisión de The Guardian, pois serviu para demostrar como X é unha plataforma tóxica manipulada polo seu propietario, Elon Musk, para dar forma ao discurso polÃtico.
The Guardian non porá atrancos a que se comparta o seu contido en X, continuarán a dar conta ocasionalmente de publicacións na plataforma que se consideren dignas de mención, e tamén permitirá que os seus xornalistas usen a plataforma para achegarse a temas de actualidade, pero deixarán de participar en X de xeito oficial.