The House of the Dead: Overkill</Em> salta da Wii á PS3

venres, 27 de maio do 2011 Marcus Fernández

Tras o estrepitoso fracaso de The House of the Dead: Overkill para Wii, como tamén aconteceu con outros xogos violentos para a consola doméstica de Nintendo, SEGA anuncia que o 28 de outubro chegará ás nosas tendas o xogo The House of the Dead: Overkill – Extended Cut, que vén a ser unha conversión do xogos a PlayStation 3, polo que contará con gráficos en alta definición e soporte de PlayStation Move, no que parece ser unha interesante revisión deste título que pode conseguir unha mellor acollida na PS3 que na Wii.
Esta Extended Cut incluirá o 7 niveis do xogo de Wii, aos que engade 2 novos; tamén contará con novos bebés mutantes e armas como a nova ballesta. Este título rememora o momento no que o axente Q e o seu equipo teñen que enfrontarse a unha horrible sangría mutante que os agardaba nas rúas e lameiras de Bayou City, unha pequena cidade de Luisiana, historia bastante propia ao cine de terror de serie B que intentan imitar no xogo.

O xogo permitirá o seu control co PlayStation Move

PUBLICIDADE