The Last Blade 2 poderá xogarse en PS4 a partires do 25 de maio

mércores, 27 de abril do 2016 Marcus Fernández

Parece mentira que certos xogos que viron a luz nos salóns recreativos nos anos 90 aínda teñan xogadores en activo que participan en campionatos de cando en vez, e iso parece ser o caso de varios dos xogos de SNK que arrasaron no seu día na Neo-Geo, e que non cesan de gozar de reedicións para que podamos gozar destes títulos en máquinas actuais, como vai pasarlle o vindeiro 25 de maio a The Last Blade 2, un dos xogos de loita máis destacados en 1998, que chegará á PlayStation Store como un xogo Cross Buy, de xeito que no mesmo paquete inclúense as versións de PlayStation 4 e PS Vita, podendo xa reservarse a un prezo de 13,49 euros (aínda que o seu prezo estándar será de 14,99 euros).
Este xogo de loita 2D volverá respectando os seus gráficos pixelados e as súas mecánicas de xogo que valéronlle unha grande reputación de cara á competición entre xogadores, que nesta nova versión poderá realizarse a través da Internet, xa que contará con multi-xogador en liña grazas á tecnoloxía desenvolvida polo estudio canadense Code Mystics.

Tráiler da nova versión de The Last Blade 2

PUBLICIDADE