The Last Guardian verá a luz finalmente o 7 de decembro

luns, 12 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Durante a edición de 2015 da feira E3 Sony sorprendeu anunciando o retorno da saga Shenmue e confirmando que o desenvolvemento de The Last Guardian continuaba, prevéndose que este mesmo ano vese a luz para PlayStation 4, o que suporía un retraso impresionante, xa que este xogo leva fraguándose dende 2007 e o seu lanzamento inicial estaba previsto para o Nadal de 2011 (para PlayStation 3), e, para continuar na mesma liña, veñen de anunciar que finalmente no sairá á venda o 25 de outubro, senón que adíase o seu lanzamento até o 7 de decembro, manténdose dentro deste mesmo ano.
Ao parecer, gen DESIGN e JAPAN Studio detectaron demasiados bugs no xogo na súa fase de desenvolvemento actual, e preferiron adiar o lanzamento para entregar un produto máis digno, xa que neste caso, e tras tantos anos de retraso, temen non estar á altura das expectativas dos seareiros dos anteriores xogos deseñados por Fumito Ueda (ICO e Shadow of the Colossus).
Estamos ante un xogo de xestación moi dificultosa, que incluso levou a Ueda a abandonar Sony en 2011, aínda que finalmente volveu ao incorporarse ao proxecto a través dun estudio de seu, gen DESIGN, no que tamén traballan bastantes membros do Team ICO orixinal, co que Sony buscaba manter o espírito orixinal do xogo, o que aseguran ter conseguido, polo que agora só falta o xuízo do público unha vez que o xogo chegue ao mercado.

PUBLICIDADE