The Legend of Zelda: Majora’s Mask chega á Consola Virtual da Wii

venres, 3 de abril do 2009 Marcus Fernández

Coa chegada a Europa da Nintendo DSi tamén sorprende o desembarco europeo na Consola Virtual do xogo The Legend of Zelda: Majora’s Mask, a continuación de Ocarina of Time que saíra para Nintendo 64 hai 9 anos (e para GameCube en 2003), e que completa a saga, de xeito que os usuarios de Wii xa poden utilizar na súa consola todos os xogos de Zelda.
Este novo xogo descargable pódese adquirir por 1.000 Wii Points, e sorprende a súa rápida chegada por coincidir co lanzamento no Xapón, cando o habitual é facer agardar varios meses aos usuarios occidentais.
O Majora’s Mask, pese a ser un título que algúns consideran vello, o certo que é o adxectivo clásico acáelle mellor, pois non hai que esquecer que as críticas que recibiu no seu tempo foron sumamente positivas. Entendemos que é unha interesante proposta para todos os seguidores dos xogos protagonizados por Link.


Un paseo en vídeo polo xogo

PUBLICIDADE