The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D chega ás tendas españolas

venres, 17 de xuño do 2011 Marcus Fernández

The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, a adaptación do clásico de Nintendo 64 que a prensa especializada considera de xeito unánime como o mellor xogo da historia, chega hoxe ás tendas españolas na súa versión para Nintendo 3D, o que permite gozar dos seus gráficos tridimensionais percibindo a súa profundidade sen empregar lentes especiais, adaptándose tamén o xogo ao sistema de control da 3DS (a pantalla táctil pode empregarse para xestionar o inventario e tamén é posible aproveitar o xiroscopio para controlar a cámara ao disparar nalgúns momentos do xogo).
Unha vez rematada a aventura será desbloquearase a Master Quest, unha versión modificada do xogo que xa estaba dispoñible en GameCube e que fai máis atractivo rexogar ao título cunha maior dificultade.
Posiblemente esteamos ante o primeiro grande éxito para a Nintendo 3DS, converténdose en todo un imprescindible que para moitos ten como única pega que non chegase no lanzamento da nova consola portátil de Nintendo.

Link volverá a protexer o Reino de Hyrule nesta nova aventura


Trailer do novo xogo para Nintendo 3DS

PUBLICIDADE