The Legend of Zelda: Skyward Sword consegue unha puntuación perfecta na revista Famitsu

mércores, 16 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A revista Famitsu gañou certa sona polo seu sistema ce cualificación de videoxogos, no que suman as puntuacións de 4 dos seus redactores, polo que a súa puntuación perfecta quedaba fixada nun 40 en vez de no tradicional 10, o que facía difícil que un xogo fose considerado perfecto, por ter que convencer por igual a varios expertos e, aínda que nos últimos anos houbo algún polémico 40 por parte da publicación, este mes dan tal honra a The Legend of Zelda: Skyward Sword para Wii, título que chega o vindeiro venres ás nosas tendas, e que promete ser un dos mellores xogos desenvolvidos para a consola doméstica de Nintendo.
Unha das cousas nas que destaca especialmente o Skyward Sword é no feito de empregar o Wii MotionPlus nos seus combates con espada, achegando unha experiencia de xogo inédita na Wii.


Así poderemos ver o novo xogo de Zelda para Wii

PUBLICIDADE