The Medium convÃdanos a explorar simultaneamente o mundo real e o dos espÃritos
xoves, 28 de xaneiro do 2021
O
lanzamento das consolas Xbox Series X|S foi un tanto descafeinado por chegar
sen grandes xogos exclusivos, resultando difÃcil xustificar a compra dunha Xbox
en vez dunha PlayStation agás polo feito de poder contratar o servizo Game
Pass, pero o tempo pode mudar a situación, e por fin temos un dos exclusivos máis
agardados, The Medium,
traballo de Bloober Team (ou sexa, que é unha produción modesta) que xa podemos
mercar para Xbox Series X|S e Windows 10, e que gañouse a admiración do público
e a crÃtica pola súa proposta diferente.
En The Medium temos un xogo de terror en terceira persoa no que encarnamos
a unha médium que explora ao mesmo tempo o mundo real e o dos espÃritos, de
xeito que nos momentos nos que hai elementos fantásticos cos que interactuar a
pantalla dividirase en dous para presentar ambos puntos de vista, sendo preciso
atender ao que acontece en ambos mundos para superar quebracabezas que mesturan
ambos mundos.
A proposta de moverse simultaneamente por dúas realidades paralelas resulta moi
rechamante, resultando especialmente inquietante o mundo dos espÃritos, que
preséntase dunha aparencia inspirada nas obras do pintor surrealista polaco Zdzisław
Beksiński. A nivel sonoro tamén poderemos gozar dunha banda sonora composta por
Akira Yamaoka (Silent Hill) e Arkadiusz Reikowski (Layer of Fear),
que somerxerá ao usuario na opresiva atmosfera do xogo.
Primeiros minutos do xogo