The Rogue Prince of Persia estrea acceso anticipado

luns, 27 de maio do 2024 Marcus Fernández

A franquía de Prince of Persia está moi viva actualmente, non con filmes e grandes superproducións, pero si a través de pequenas xoias que chaman bastante a atención como The Lost Crown, que chegou a consolas e PC a primeiros de ano, e The Rogue Prince of Persia, un roguelike de acción, no que desprazarse por plataformas letais e combater cun estilo acrobático, que hoxe mesmo estreouse en acceso anticipado en Steam, de xeito que por 17,99 euros podemos gozar deste xogo antes do seu lanzamento definitivo.
O acceso anticipado de The Rogue Prince of Persia achega o núcleo deste xogo, que irá recibindo actualizacións cada semana, con versións experimentais cada xoves e interacción entre os desenvolvedores do xogo e a comunidade de usuarios, conseguindo así o mellor xogo posible.
Nesta aventura haberá que guiar ao príncipe na súa loita contra o exército huno, corrompido pola máxica chamánica escura. Para iso haberá que correr, saltar, evitar trampas, explorar zonas apartadas, esquivar o ataques dos inimigos, lanzar ataques con armas letais e, como vén a ser habitual neste tipo de xogos, aprender dos erros con cada morte até chegar a dominar todas as habilidades do protagonista sen chegar a xogar de memoria, xa que os niveis xéranse automaticamente, polo que non haberá dúas partidas iguais.

Tráiler do lanzamento do acceso anticipado do xogo

PUBLICIDADE