The Secret of Monkey Island chega ao iPhone
xoves, 23 de xullo do 2009
As aventuras
gráficas de LucasArts están a rexurdir para múltiples plataformas, e tras o seu
relanzamento coma descarga para PC a través de Steam e o remake para Xbox 360, chega agora o The
Secret of Monkey Island: Edición Especial a iPhone
e iPod Touch, podendo adquirirse
na App Store por 5,99 euros.
Este xogo conserva todos os elementos do tÃtulo orixinal, aÃnda que cuns
gráficos renovados (aparentemente adaptados da entrega para Xbox 360, permitindo
tamén conmutar entre os gráficos mellorados e os orixinais), co aspirante a
pirata Guybrush Threepwood dentro dunha divertida aventura por facerse cun nome
entre os piratas do Caribe.
A proliferación de conversións deste clásico tÃtulo incluso levou a un blog a facer
burla anunciando que os xogos clásicos de LucasArts terán versión para o
Teletexto, pero hai que recoñecer que os afeccionados a este tipo de
xogos agradecerán o seu rexurdimento incluso en plataformas que carecen de rato
informático para o seu control.