The Waylanders adía o seu lanzamento a 2022

luns, 8 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Aínda que o pasado verán foi cando o estudio de videoxogos coruñés Gato Studio anunciou que o seu xogo The Waylanders, previsto inicialmente para xuño de 2020, non vería a luz até o 16 de novembro de 2021, pero finalmente esta data non poderá respectarse, e anuncian que o xogo adía o seu lanzamento até o 2 de febreiro de 2022.
Aseguran que de lanzar o xogo este mes non entregarían un produto coa calidade que merecen os seus seareiros, e aínda que a súa intención era que os seus mecenas e xogadores en acceso anticipado puidesen recibir o xogo de rol antes das vacacións de Nadal, concluíron que precisan máis tempo para pulir o xogo.
Para axudar a superar este adiamento dende Gato Salvaje ofrecerán actualizacións na súa versión en acceso anticipado que mellorarán varias áreas do xogo actualmente dispoñibles (como a Cova da Eternidade ou o Muro Fomore). Tamén incorporarán a tradución e localización do texto restante para múltiples misións da Era Celta e corrixirán fallos e erros que foron atopando os usuarios.

O xogo leva varios meses en acceso anticipado de xeito que os seus entusiastas poden velo evolucionar no seu desenvolvemento e gozar de moitos dos seus elementos antes do seu lanzamento oficial

PUBLICIDADE