The Witcher 3 dispara a súa popularidade grazas a Netflix
luns, 30 de decembro do 2019
A estrea da serie de The Witcher en Netflix, que
durante a semana pasada conseguiu
converterse na serie máis vista do mundo, superando incluso a The
Mandalorian, está a ter unha consecuencia imprevista: disparou a
popularidade do xogo The Witcher III: Wild Hunt até o punto de que vén de
establecer
unha nova marca de número de xogadores simultáneos en Steam, ou sexa, que
actualmente ten máis xogadores que cando o tÃtulo veu a luz hai 4 anos.
Cando dende CD Projekt Red destacaron o feito, chegaran a xuntarse 93.835
usuarios simultáneos aÃnda que agora xa chegou aos 94.601 xogadores,
pico multiplica por 3 ou por 4 os máximos que se rexistraban nos últimos meses.
A isto tamén puido contribuÃr o feito de que o
xogo estea actualmente de oferta a 8,99 euros en Steam, ou que The
Witcher 3 estea incluÃdo en Xbox Game Pass, servizo no que posiblemente
estean a rexistrarse incluso máis xogadores que en Steam, creando un fenómeno
ao que tamén queren subirse xogadores que non teñen unha Xbox One.
Esta situación resulta moi curiosa porque a serie televisiva baseada nos libros
de Andrzej Sapkowki pretendÃa atraer como espectadores a seareiros dos
videoxogos de CD Projekt Red, e finalmente esta estrada demostrou ter dous
sentidos, e tanto os afeccionados aos xogos ven a serie como os espectadores da
serie achéganse aos xogos, creando unha simbiose moi perseguida nas estratexias
crossmedia.