The Witcher 3 incorpórase a Xbox Game Pass

martes, 17 de decembro do 2019 Marcus Fernández

O servizo Xbox Game Pass é actualmente un dos maiores atractivos da consola Xbox One, xa que facilita acceso ilimitado a máis dun cento de xogos por unha subscrición mensual bastante asumible (e que actualmente ofrece 3 meses de balde por 1 euro, para que os usuarios poidan probar as súas posibilidades) e para conseguir captar aínda máis a atención cara a este servizo, veñen de anunciar que este xoves incluirán no seu catálogo Life Is Strange 2, Pillars of Eternity e The Witcher 3: Wild Hunt.
A incorporación de The Witcher 3 en Xbox Game Pass semella unha xogada bastante intelixente xa que, aínda que o xogo ten máis de 4 anos, aínda hai xogadores que non se achegaron a el, e posiblemente sintan certa curiosidade a partires do vindeiro venres, cando Netflix estreará unha serie baseada nas novelas que inspiraron a esta popular saga de videoxogos desenvolvida por CD Projekt Red.

Vídeo no que anuncian as novidades de Xbox Game Pass

PUBLICIDADE