The Witcher 3 para Switch permite continuar partidas gardadas en PC
mércores, 19 de febreiro do 2020
Un éxito inesperado na Nintendo Switch foi o de conversións
de xogos que eran un éxito en ordenadores persoais e que normalmente precisaban
de moitas horas diante da pantalla, pero que curiosamente hai quen considerou
que a Switch era unha máquina ideal para poder trasladar esta experiencia
(fronte a idea de que as consolas orientadas á portabilidade son mellores para
as partidas rápidas).
Entre estes tÃtulos figura The Witcher 3: Wild Hunt, que vén
de publicar a súa actualización 3.6 na consola de Nintendo incorporando
unha prestación que agradecerán moitos usuarios: a posibilidade de integrar
ficheiros de gardado de Steam e GOG, ou sexa, que os xogadores poderán
continuar en Nintendo Switch partidas de PC.
A actualización 3.6 de The Witcher 3: Wild Hunt tamén inclúe soporte
para control táctil, textos en máis idiomas, novas opcións gráficas, optimizacións
de desempeño e corrección de erros.