The Wolf Among Us terá versións para PS Vita e iOS

xoves, 24 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Seguindo os pasos do excelente xogo baseado nos comics de The Walking Dead, dende Telltale Games estrearon hai un par de semanas The Wolf Among Us, aventura episódica inspirada nos comics de Fábulas de Bill Willingham, tomando como historia principal unha investigación de asasinato realizada polo detective Bigby Wolf (encarnación humanizada do Grande Lobo Malo), estando o seu primeiro episodio dispoñible para Xbox 360, para PlayStation 3 e para PC (en Steam), e aínda que falta bastante para que a historia chegue á súa fin (o quinto episodio chegará no verán do ano que vén) xa anuncian que o xogo contará con versións para novas plataformas: concretamente para PlayStation Vita e para iOS.
Espérase que as novas versións móbiles de The Wolf Among Us cheguen a finais do presente outono, destacando a versión para PS Vita por permitir ao xogador elixir entre controlas o xogo de modo analóxico ou táctil (permitindo incluso inverter os mandos).
Polo momento non detallan nin a data final do lanzamento nin o prezo que terá.


Trailer das novas versión de The Wolf Among Us

PUBLICIDADE