The Wonderful 101 para Wii U estrea demo

venres, 9 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O remate do Nintendo Direct do pasado mércores adiantouse que hoxe iamos ter un The Wonderful 101 Direct, unha presentación na que o director do xogo The Wonderful 101 daría numerosos detalles sobre o agardado xogo para Wii U que, aínda que no vídeo vexamos que está en xaponés e inglés, a España chegará totalmente traducido ao español. Tamén aproveitaron para anunciar que a versión de demostración do xogo xa está dispoñible para a súa descarga na Nintendo eShop, polo que podemos facernos unha boa idea deste atractivo título ante do seu lanzamento dentro de 2 semanas.
No xogo desenvolvido por Platinum Games controlaremos a unha multitude de 100 superheroes que deberán protexer a Terra dunha invasión alieníxena facendo uso dos seus poderes e habilidades que poderán combinarse para derrotar aos inimigos, solucionar quebracabezas e percorrer o terreo. Ao longo dos máis de vinte minutos que durou a presentación de hoxe podemos facernos unha idea do que pretende ser un dos xogos máis importantes para Wii U xunto con Pikmin 3:

No xogo haberá que controlar a varios superheroes á vez para derrotar aos invasores e protexer aos cidadáns
En The Wonderful 101 iremos completando o cadro de heroes paulatinamente

PUBLICIDADE