Time Crisis adáptase ao iPhone

martes, 3 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de iPhone e iPod Touch van poder xogar dende o seu dispositivo multimedia a un xogo que tivo unha longa vida en máquinas recreativa e consolas de videoxogos, Time Crisis, que funcionaba apuntando á pantalla cunha pistola de plástico (no caso das recreativas) o que pode emularse golpeando a pantalla do iPhone/iPod Touch cos dedos, de xeito que sería unha interesante translación dun formato de xogo que gozou con certa popularidade.
A versión para os terminais de Apple desta franquía de xogos titularase Time Crisis Strike, e permite meterse na pel dun policía de elite na busca do malvado Mad Dog, para o que hai que derrotar a todo un exército de esbirros combinando a puntería co uso de cobertura táctica (para agocharse e recargar balas).
A acción fai honra ao seu título, e o tempo ten un papel crucial, de xeito que hai que bater aos inimigos a bastante velocidade (e evitando que rematen con nós). Amais, aparte das 3 principais fases en Modo Arcade, existen 5 misións desbloqueables nas que completar tarefas específicas .


Adianto da experiencia de xogo de Time Crisis Strike

PUBLICIDADE