Tiny Wings actualÃzase e estrea versión para iPad
xoves, 12 de xullo do 2012
- Tiny Wings incorpora novos modos de xogo na súa actualización
O ano pasado un dos xogos de máis éxito no iPhone foi Tiny Wings,
que cunha mecánica moi sinxela (só precisaba de tocar a pantalla do móbil para
controlar a velocidade de caÃda dun paxaro para conseguir percorrer a maior
distancia posible e superar distintos retos) conseguiu acumular millóns de
descargas e mesmo foi elixido como o mellor xogo para iPhone no App Store
Rewind 2011 en Europa, e esta mesma noite actualizouse de balde á súa versión
2.0 como agradecemento aos seus usuarios á vez que estreou
unha versión para iPad que pode adquirirse por 2,39 euros.
- Tiny Wings HD permite xogar a pantalla partida
Entre as novidades de Tiny Wings
temos un novo modo de xogo (Escola de voo),
15 niveis feitos a man, novos poliños na familia, soporte de pantalla Retina,
voos nocturnos, compatibilidade con iCloud, menú mellorado e máis idiomas
(entre os que figura o español). Isto no que se refire ao xogo para iPhone,
pois o xogo para iPad conta con moitas máis novidades como un modo multixogador
nun único iPad (cun modo a pantalla partida).
Tiny Wings HD ten 3 modos de xogo
(Excursión, escola de voo e festa no outeiro) e permite xogar como paxariño ou
como a súa nai. Unha interesante renovación do xogo que sen dúbida sumaralle
aÃnda máis seareiros.
Orixinal vÃdeo promocional da actualización de Tiny Wings