TinyScreen, unha pequena pantalla que ve a luz a través de Kickstarter
luns, 6 de outubro do 2014
As plataformas de hardware aberto como Arduino supuxeron un
grande pulo á innovación, permitindo que case calquera poida realizar pequenos
desenvolvementos, tanto para solucionar problemas domésticos como para
construÃr prototipos de futuros produtos comerciais, e os amantes deste tipo de
solucións estarán entusiasmados pola última iniciativa da xente de TinyCircuits (promotores da
TinyDuino), que está
a trunfar en Kickstarter con TinyScreen, unha pantalla OLED de 0,96
polgadas cunha resolución de 96 x 64 pÃxeles que pode servir para facer
pequenos monitores de sistemas informáticos, pequenos videoxogos e incluso smartwatches.
- TinyScreen pode empregarse incluso para construÃr un smartwatch
De feito, a TinyScreen véndese en varios lotes, que parte dun modelo básico por 55 dólares (47,84 euros cos gastos de envÃo incluÃdos), un lote para a funcionar como reprodutor de vÃdeo por 65 dólares (55,81 euros), o kit para facer unha reducidÃsima videoconsola portátil por 75 dólares (63,78 euros), os elementos para facer un smartwatch (sen incluÃr a súa correa) por 90 dólares (75,74 euros) e outros lotes máis completos con distintos módulos con sensores que multiplican as posibilidades desta tecnoloxÃa que xa conta con numeroso software para poder empregala dende a recepción do produto final, que entregarase aos mecenas a primeiros de 2015.
- Con TinyScreen podemos construÃr unha consola de videoxogos portátil dun tamaño moi reducido, demostrando asà o potencial deste pequeno dispositivo