Tivoli comercializa un altofalante con radio para os amantes do deseño
mércores, 21 de marzo do 2012
Os
usuarios que gusten de escoitar música dos seus reprodutores multimedia, non
queren prescindir da maxia da radio e desexen combinar a experiencia cun deseño
elegante poden optar por facerse co Tivoli
Audio PAL, un altofalante portátil con baterÃa interna recargable (cunha
autonomÃa de ata 16 horas), sintonizador de radio FM e AM e entrada de audio
estándar que incluso soporta as inclemencias meteorolóxicas e ofrécese en dúas
cores (negro e rosa) no seu modelo normal, e nunha grande variedade cromática
no seu modelo iPAL
(pensado para ir a xogo cos reprodutores portátiles de Apple).
Este dispositivo de 15,88 x 9,37 x 9,86 centÃmetros e 875 gramos de peso pode
empregarse comodamente no fogar, na oficina, en exteriores ou de viaxe (inclúe
bolsa de transporte), ofrecendo sempre unha grande calidade sonora, o que,
xunto coa súa estética (baseada nun deseño de Henry Kloss), fai que teña un
prezo (219,99 dólares) que non está ao alcance de todos os petos.
O Tivoli Audio PAL visto en vÃdeo
- O Tivoli Audio PAL tamén está dispoñible en rosa
- Os posuidores dun iPod poden optar por facerse co Tivoli Audio PAL (dispoñible en seis cores)